Alén do azul - Sara C. y Silvia I.

Alén do azul - Sara C. y Silvia I.



22,00 €
Impuestos incluidos

Mundo submarino da ría de Vigo.


Cantidad
Fuera de stock

 

Pago seguro

 

Envío en 24/72 horas

 

Devoluciones aceptadas

Mergullarse na ría de Vigo é visitar un mundo próximo baixo outra luz no que habitan flores que son vermes, expertos da camuflaxe ou alfombras verdes de pradarías.

Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo é unha viaxe para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de espectaculares fotografías, ilustracións ao detalle e mesmo vídeos ligados con códigos QR.

Sara Carrasco e Silvia Iglesias enfían un relato de descubrimento a través desta guía visual e ilustrada na que coñeceremos ao detalle que pasa baixo o mar, con apuntamentos sobre o noso impacto neste medio e recomendacións para un mergullo responsable.

Sara Carrasco Gónzález (1986) é fisioterapeuta de formación, mais decidiu acabar mergullándose na ilustración naturalista e no mundo submarino, o cal retrata nesta obra mediante acuarela e lapis.

A súa formación sobre o mar parte de distintos ámbitos, desde os cursos Ecosistemas mariños: diversidade e ameazas dos ecosistemas bentónicos (Aula Cram), Bioloxía mariña xeral (ZOEA Campus) e Ilustra peces (Illustraciencia), até as sesións semanais de aprendizaxe e perfeccionamento de técnicas de pintura (Taller Zoográfico). Dispón do certificado de mergullo Advanced Open Water Diver (PADI).

Categoría: Ecoloxía
Etiquetas: acuarelas, bioloxía, cambio climático, consumo responsable, contaminación, ecoloxía, fauna submarina, flora submarina, ilustración, mergullo, paisaxe, peixes, QR, ría de Vigo, rías baixas, vídeos
Descrición
9788494915499

Referencias específicas

No hay ninguna opinión por el momento.