Caderno de campo das illas Cíes

Caderno de campo das illas Cíes



19,50 €
Impuestos incluidos

Catro rutas ilustradas polas illas Cíes


Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Pago seguro

 

Envío en 24/72 horas

 

Devoluciones aceptadas

«No salvaxe radica a preservación do mundo» escribiu Thoreau a propósito do camiñar pola natureza, e precisamente isto é o que che propón este caderno: catro rutas polas illas Cíes guiadas polas acuarelas dun lagarto arnal, do corvo mariño cristado, de varias gaivotas patiamarelas…
Este libro é un caderno de campo, é dicir, unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes. Neste caso, a fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez.

As illas forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e reciben moitas visitas durante a tempada en que está aberto ao público. Queremos que esta obra sirva para que as persoas que o visiten valoren e respecten o noso patrimonio natural. Pon en valor o carácter único da flora e fauna das illas e das súas paisaxes a fin de promover o respecto á contorna desta paraxe e desfrutala desde unha perspectiva artística.

Neste caso, a fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez.

José Arcas
Doutor en Bioloxía. Artista autodidacta da natureza. Nas súas obras representa as suas vivenzas no campo. Os suxeitos preferidos nas súas obras son as aves, e en concreto as especies ligadas a medios marítimo-costeiros como gaivotas e limícolas.

Traballa con diferentes técnicas, como óleo, acuarela, pastel, lápices de cores e linóleos.Tamén realiza esculturas de diferentes especies de fauna.

Máis información sobre o autor en josearcas.com e no seu Facebook.
9788494591761
1 Artículo

Referencias específicas

No hay ninguna opinión por el momento.