Polo rego - 1a temporada

Polo rego - 1a temporada



19,90 €
Impuestos incluidos

A universidade do campo.


Cantidad
Últimas unidades en stock

 

Pago seguro

 

Envío en 24/72 horas

 

Devoluciones aceptadas

O agro galego é un terreo fértil en saberes. É coma unha grande universidade chea de mestras e mestres sabios dispostos a compartir parte do que levan aprendido da terra. Os protagonistas de Polo rego son xente que traballa o campo cunha especial paixón e experiencia nas plantas, na horta e nos seus froitos. Son quen de transmitir o que saben de xeito sinxelo, sen reviravoltas, con entusiasmo e humor.

Este libro recolle o mellor da 1.ª tempada do programa da TVG, con consellos sobre agricultura sustentable e xardinaxe, propostas de cestaría, trucos e remedios para a horta e as pragas, receitas para os froitos da terra, información útil sobre a compostaxe e ideas para aproveitar os beneficios das plantas silvestres. Con este libro entre as mans, todo vai ir polo rego!

Estes son os protagonistas de Polo rego:

Carme (mestra de Sabores e Saberes)
David (mestre de Podas e Pragas)
Lola (mestra de Cestaría)
Patri (mestra de Plantas Silvestres)
Rosendo (mestre de Agricultura Sustentable e Xardíns)
Yago (mestre de Horta na Casa)

Son persoas que traballan o campo, por oficio ou como unha afección de proveito, cunha especial paixón e experiencia nas plantas, na horta e nos seus froitos. Todos eles son quen de transmitir o que saben de xeito sinxelo, sen reviravoltas, pero con entusiasmo, sentido do humor e o seu toque persoal.

Este libro recolle o mellor da 1.ª tempada do programa televisivo da TVG, con consellos sobre agricultura sustentable e xardinaxe, propostas de cestaría, trucos e remedios para a horta e as pragas, receitas para os froitos que nos dá a terra, información útil sobre a compostaxe, ideas para aproveitar os beneficios das plantas silvestres e moitos coñecementos e suxestións sobre as posibilidades do campo e da natureza. Con este libro entre as mans, todo vai ir polo rego!
9788494915475
1 Artículo

Referencias específicas

No hay ninguna opinión por el momento.