En oferta
A degradación invisible do solo
19,90 €
Impuestos incluidos
A meirande catástrofe ecolóxica
Pago seguro
Envío en 24/72 horas
Devoluciones aceptadas
A meirande catástrofe ecolóxica está a pasar case inadvertida: cada ano desaparecen no mundo sete millóns de hectáreas de terra fértil, unha superficie equivalente a máis do dobre de Galicia.
Con exemplos sobre o estado de degradación dos solos en Alemaña, Austria e a costa mediterránea da Península Ibérica, e unha análise dos factores causantes, Gerth M. Neugebauer expón, sen medias tintas, os graves riscos aos que se enfronta Europa, así como os mecanismos económicos e os instrumentos lexislativos que promoven tal destrución, unha imaxe na que tamén se reflicte Galicia e que debe servirnos de advertencia.
Porén, esta obra tamén dá motivos para a esperanza e recolle un pequeno catálogo de experiencias transformadoras reais que, especialmente no ámbito urbano, amosan o camiño cara a unha mudanza ecosocial sustentada por solos sans.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e ou edición do ano 2019.
Gerth M. Neugebauer
Gerth M. Neugebauer (1948) foi director de museo e docente universitario, e ten dirixido investigacións sobre a historia da paisaxe cultural e da arquitectura. Os seus dilatados estudos sobre a evolución da paisaxe do levante ibérico e dos Alpes austríacos permitíronlle coñecer en detalle a mentalidade ecolóxica e a historia dos solos de Occidente, o que queda fabulosamente reflectido nesta obra en que avoga por unha necesaria ética do solo.
Categorías: Consumo responsable, Dereitos humanos, Ecoloxía, Economía social
Etiquetas: agricultura intensiva, construción, contaminación, ecoloxía, ética do solo, hortas urbanas, industria, minaría, PAC, planificación territorial, política agraria común, turismo, Unión Europea, urban gardening, urbanismo.

9788412249927
Referencias específicas
No hay ninguna opinión por el momento.