Arrecende a limpio

Arrecende a limpio



17,00 €
Impuestos incluidos

Manual práctico de ecoloxía doméstica


Cantidad
Fuera de stock

 

Pago seguro

 

Envío en 24/72 horas

 

Devoluciones aceptadas

Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza.

Esta guía práctica adaptada á realidade galega xa vai pola súa 3.º edición, que inclúe unha listaxe de produtores e artesáns actualizada, para que saibas onde mercar produtos respectuosos coa contorna… ou os ingredientes que precisas para facelos ti na casa!

Xabóns e deterxentes ecolóxicos e eficaces para lavar a roupa, a louza e o chan; xabóns e aceites curativos, pastas de dentes e cremas hidratantes, un kit de beleza esencial para coidares de ti de maneira natural, do cabelo ás mans, do rostro á punta dos pés. Para sermos limpos, en todos os sentidos. E porque ben que o merecemos!

Nunha edición actualizada e adaptada á realidade galega acompañada dunha listaxe de artesáns e produtores da contorna que traballan con produtos naturais.

Máis de 10 000 exemplares vendidos en Italia.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

Elisa Nicoli
Elisa NicoliElisa Nicoli
Elisa Nicoli (1980) naceu en Bolzano (Italia) e traballa como documentarista, xornalista, educadora ambiental e autoprodutora. Especializada en ecoloxía e nunha forma de vida natural, é autora de diversas obras en italiano, entre elas L’erba del vicino (Altreconomia) e Senza pesare sulla terra (Ediciclo). Este é o primeiro título dela que se traduce ao galego.

Máis información na súa web.

Categorías: Consumo responsable, Economía social
Etiquetas: autoconsumo, CCT, consumo consciente e transformador, consumo sustentable, cosmética, cremas hidratantes, deterxentes ecolóxicos, hixiene, limpeza, pastas de dentes, pegada ecolóxica, produtos de hixiene, produtos de limpeza, xabóns ecolóxicos.
9788494591730

Referencias específicas

No hay ninguna opinión por el momento.